A xornada Libreteo celébrase o próximo sábado 23

0

Teo, 18 de novembro do 2019 – O Auditorio Constante Liste acolle o próximo sábado a xornada Libreteo, enfocada no coñecemento libre,

Organizada pola Asociación Aberteo, e coa colaboración do concello, Libreteo constará de numerosos obradoiros e charlas dirixidas a todo tipo de públicos.

Nesta edición o Libreteo comeza ás 10:00 horas cunha charla de presentación da Asociación Aberteo con Iván Tourís, o presidente da mesma. Ás 10:15 Iñaki Quenerapú falará de economía de troco. A continuación, ás 10:30 horas Adrián Serantes, voluntario do Banco municipal de electrónica contará o funcionamento do mesmo. Ás 10:45 volve ao escenario Iñaki Quenerapú para falar de Hacktivismo. Para estas charlas non é preciso anotarse e son de acceso libre.

Ás 11:00 horas realízase un obradoiro de clown para nenos/as con prazas limitadas. Se che presta anotarte podes facelo premendo aquí. Este obradoiro de clown tamén se fará para persoas adultas ás 13:00 horas e podes anotarte aquí. Jorge Lama falará dende as 12:00 horas de Openstreetmap e neste caso tamén hai prazas limitadas.

Xa pola tarde arrancan coa charla sobre mensaxería segura a cargo de Oriana Rey. De seguido Quenerapú explicará como facer sitios web con Trece ás 16:15 horas. A reciclaxe terá o seu espazo na conversa das 16:30 horas con Adrián Serantes. Ás 16:45 Iván Tourís explicará o potencial das raspberry pi. Oriana Rey tamén fará un percorrido pola evolución dos medios o o mostro internet nunha charla ás 18:00 horas.

Ás 17:00 horas haberá un obradoiro de radio para nenos con Miguel Castro. O mesmo obradoiro para adultos será ás 19:00 horas. Podes anotarde nalgún deles aquí.

A xornada rematará coa entrega dos premios do concurso de verso libre. As bases deste singular concurso podes consultalas na web do Libreteo.

Consulta a programación completa do Libreteo premendo aquí

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial