Mantéñense as posturas no xuízo por acoso  laboral en Autobuses de Calo

0

Teo, 29 de xaneiro do 2020 – O xuízo contra os propietarios de Autobuses de Calo por acoso laboral segue tras mostrar as partes os seus argumentos.

O Fiscal considera que non existe tal acoso laboral e pide a absolución dos acusados. Indica tamén que, en caso de existir, non serían os propietarios os responsables xa que non tiveron relación directa coa empregada e sería o encargado, que non está acusado, que realizaría o presunto acoso laboral. Tamén entender que se trataba dun caso social pero nunca penal.

Acoso continuado

O avogado da traballadora pola contra considera que as sentenzas que lle deron a razón en distintos procesos civís demostran que si existe un acoso continuado.

Para a acusación particular ese acoso continúa e lembran que aínda no 2018 foi despedida e tivo que ser readmitida despois dunha nova sentenza favorable a traballadora; na actualidade non se lle permite incorporarse ao posto de traballo aínda que segue a cobrar o soldo, unha proba máis, din, de esa discriminación.

Distintas versións

Polo xuízo pasaron varios traballadores que desmentiron que se lles prohibira ter contacto coa presunta acosada. Si o admitiu e explicou un ex traballador que apoiou as teses da acusación particular, indicando que a empresa pedira a todos que firmaran un escrito en contra da traballadora.

Queda agora por saber que decide o tribunal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial