займ срочно

Xuízo contra o propietario de Autobuses de Calo por acoso laboral

0

Teo, 25 de xaneiro do 2020 – O propietario de HEDEGASA (Autobuses de Calo), Ramón Sanjuán, e máis a súa filla, Marina Sanjuán, enfróntase este luns a un xuizo por acoso laboral.

Os propietarios da compañía están acusados como responsábeis directos do acoso laboral ao que foi sometida desde o ano 2006 a condutora de autobús Nélida Pisco. A petición de condena é de dous anos de prisión e ao pagamento dunha indemnización de 100.000€ por danos morais e vulneración de dereitos.

Desde o sindicato CIG explican que “Nélida Pisco padece desde o ano 2006 acoso laboral por ter solicitado unha redución de xornada para atender á súa filla recén nacida que, por prematura, precisaba coidados especiais. Toda esta situación conlevou episodios que a propia Inspección de Traballo cualificou como terrorismo psicolaboral e de acoso por parte da empresa”.

Durante todos estes anos producíronse unha sucesión de sentenzas emitidas pola vía social, sempre favorábeis á traballadora, nas que se acreditaba o acoso laboral e a vulneración de dereitos contra Nélida Pisco.

Despedida por última vez en 2018

Pisco foi despedida por última vez en decembro de 2018 cando HEDEGASA solicitou á DGT que a inhabilitara, e malia ter gañado a sentenza no Social e que a empresa perdeu todos os recursos posíbeis, o último o pasado mes de decembro no Tribunal Supremo, neste momento atópase cobrando o seu salario pero sen que lle permitan reincorporarse ao posto de traballo.

Xa en marzo de 2019 e diante desta situación o representante da FGAMT-CIG de Compostela, Inácio Pavón, denunciaba que “a empresa está dilatando artificialmente a volta efectiva ao posto de traballo de Nélida Pisco, o que constitúe outra forma de acoso máis dentro de todo o proceso que leva vivido nestes anos”.

A FGAMT-CIG de Compostela denuncia que malia ter trasladado en múltiples ocasións, esta información á consellaría de Infraestruturas e Mobilidade e máis á Secretaría xeral de Igualdade ou ao propio Presidente da Xunta en sede Parlamentaria, non só non interviñeron senón que mesmo premiaron á empresa cunha prórroga por dez anos co agravante de que para esta concesión a administración tiña en conta nas bases dos pregos de condicións ter mulleres contratadas no cadro de persoal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies