займ срочно

Según Teo a Xunta non contempla un cambio normativo que evite a pranta da Casalonga

0

Teo, 4 de agosto do 2018 – O concello de Teo móstrase preocupado tras unha reunión coa Xunta e comprobar que o goberno autonómico non contempla un cambio legal que impida, de xeito permanente, a apertura da plante de residuos que Toysal quere abrir na Casalonga.

O alcalde de Teo, Rafael Sisto, e a concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus, reuníronse coa Conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, para falar de distintas cuestión relacionadas co concello entre as que estaba a planta de Toysal. Non encontro estiveron presentes a Directora Xeral de Calidade Ambiental, María Cruz Ferreira e a Directora Xeral de Ordenación do Territorio, Encarnación Rivas.

Alcalde e concelleira saíron do encontro preocupados polos prazos de tramitación que manexan os departamentos autonómicos xa que anticipan a setembro a exposición pública. Según Uxía Lemus este é ” un cambio de dinámica sobre a información que se tiña trasladado ao Concello. En calquera caso dende urbanismo seguimos traballando no informe de compatibilidade urbanístico e dende os servizos técnicos séguense mantendo encontros de asesoramento para ter un informe o máis garantista posible”.

Por outra banda, según Rafa Sixto, declaracións como as da deputada Paula Prado mostrándose favorable a un cambio de normativa que impedira a ubicación de esta ou outras plantas cerca de núcleos urbanos no se corresponden co que se lles trasladou desde o goberno autónomo  “a realidade é ben distinta, e dende as direccións xerais de urbanismo e de calidade ambiental non teñen previsto ningún cambio normativo concreto a medio prazo, nin modificación da lei do solo nin cambio do PRIGA”. Esta actitude por parte da administración autonómica “deixa á veciñanza de Teo e a propio Concello con escasa marxe de manobra diante desta ameaza, xa que como se ten comentado o único xeito de evitala de xeito permanente é unha modificación lexislativa” explica Rafael Sisto.

Dende o Concello mantéñense contactos coa Plataforma Casalonga Limpa de Residuos e cos voceiros municipais para informalos do falado na xuntanza coa Xunta.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies