Teo terá novas sendas peonís grazas a unha subvención do IDAE

0

Teo, 2 de xullo do 2020 – O Instituto para a Diversificación y ahorro de la Energía, IDAE, asumirá o 80 por cento dun proxecto de máis de 3 millóns de euros destinados a camiños escolares seguros e sendas peonís no concello de Teo.

O pleno ordinario de Teo, correspondente ao mes de xuño aínda que celebrado onte 1 de xullo, aprobou por unanimidade un suplemento de crédito co que sumirá o 20 por cento restante.

Na proposta presentada ao IDAE indícase que estas obras serán nas parroquias do centro e sur do concello. O punto foi aprobado por unanimidade.

Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais

Tamén por unanimidade foi aprobado o Plan de prevención e defensa dos incendios forestais. O plan foi desenvolto pola empresa pública Seaga e agora será exposto durante 20 días antes da súa aprobación definitiva.

O plan servirá para delimitar de xeito concreto as franxas de protección. Tal e como explicou o alcalde o documento aclara as dúbidas que algúns veciños podían ter sobre as franxas que deben limpar dentro das súas propiedades.

Outros puntos

O grupo de goberno informou da conta xeral do 2019que si ben cumpre a regra de gasto e a sostenibilidade financeira, cae en inestabilidade por un pequeno desvío que obrigará a desenvolver un novo plan de estabilidade.

Aprobouse un texto, consensuado por todos os grupos, sobre o Día da Diversidade Sexual, que se leu e aprobou como Declaración Institucional.

A moción presentada por Son de Teo pedindo unha investigación sobre a monarquía, e un referéndum sobre a súa continuidade, foi rexeitada. O BNG e Son de Teo votaron a favor. O Psoe decidiu absterse explicando que non eran cuestións de competencia municipal, a mesma razón pola que o PP votou en contra. A concelleira Iria Otero,  que presentaba a proposta, lembroulles na resposta que o que se pedía era unha declaración e que se lle dera traslado ao estado, algo que se podía facer aínda que as competencias non foran municipais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial