Terceira edición de #fotolingua

0

Compostela, 10 de maio do 2018 – Os establecementos comerciais de Compostela xa poden inscribirse para participar na terceira edición de #fotolingua, concurso que organiza o departamento de lingua municipal.

O alcalde presentou a terceira edición do certame #fotolingua “que invita á cidadanía a fixarse na paisaxe comercial de Compostela para identificar ás empresas que utilizan o galego, ao tempo que quere mostrarlles aos negocios que usar a nosa lingua ten vantaxes competitivas”. Martiño Noriega explicou que “cada vez temos máis establecementos galego activos en Santiago, e estamos convencidos de que a iso contribúen iniciativas impulsadas dende o Concello como este certame, os premios de publicidade comercial en galego ou os premios Manuel Beiras, neste caso en colaboración coa Cámara de Comercio”

Para participar en #fotolingua só é preciso publicar nas redes sociais Facebook ou Instagram unha imaxe na que se reflicta a utilización da nosa lingua na actividade dunha empresa da cidade. O alcalde explicou que “nesta edición do #Fotolingua faremos un especial esforzo para promocionar o certame e os obxectivos que pretende transmitir, e fixámonos o reto de superar os positivos datos de participación do ano pasado”. Martiño Noriega lembrou que na segunda edición do concurso practicamente duplicáronse tanto o número de imaxes presentadas, que superaron o cento, como o número de seguidores das redes sociais do #Fotolingua, máis de 900.

SONY DSC

Bases do concurso

As persoas interesadas en participar no concurso, sempre maiores de idade, deben ser seguidoras do perfil de #Fotolingua en Facebook ou Instagram, e compartir unha fotografía na que se mostre o uso do galego por parte de calquera empresa, establecemento comercial ou local de hostalería de Santiago. As imaxes poden mostrar dende escaparates a etiquetaxes, pasando por letreiros, elementos decorativos ou cartelerías. As fotos, sempre subidas ás redes como “públicas”, deberán ir acompañadas polos tres cancelos do concurso: #establecementoengalego, #fotolingua e #ogalegovende.

O prazo para subir as imaxes ás redes sociais xa está aberto e pecharase o sete de xuño. Ao día seguinte, o 8 de xuño, coñecerase o nome das persoas gañadoras do concurso. Haberá agasallos para a imaxe que obteña máis “gústame” en Facebook ou “likes” en Instagram na súa publicación orixinal, e para a imaxe seleccionada pola organización pola súa orixinalidade ou capacidade para transmitir valor positivo á lingua. As persoas que as publicaran recibirán cadansúa cámara Polaroid Snap.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies