Terceira edición do AloitaFest en Sabucedo

0

A Estrada, 5 de agosto do 2018 – O venres que ven, día 10, Sabucedo celebra a terceira edición do AloitaFest con Bichiños da Conla, The Bichos Jazz Band, Noxo, Losto Kinsky e Kinkfolks a partir das oito da tarde e con entrada de balde.

O AloitaFest aposta pola potencia no 2018, un certame organizado desde 2016 na noite de vésperas das festas de San Lourenzo, patrón da parroquia, pola Asociación A Rapa das Bestas e o colectivo cultural Barrakallazo, actualmente en fase de constitución.

O festival comezará con Bichiños da Conla, grupo formado polos rapaces de Sabucedo que interpretarán cancións populares e temas coñecidos da música galega.

A continuación será a quenda de The Bichos Jazz Band, que iniciou a súa andaina no AloitaFest de 2017 e que, con importante presenza de músicos da parroquia, presentará un repertorio con música dixie dos anos vinte, klezmer, swing ou blues misturada con solos e improvisacións.

O punk-rock correrá da man de Noxo, un grupo da Estrada formado en 2014 baixo o nome de Pinflois e que actualmente caracterízase pola harmónica axitación musical. Tamén haberá presenza local en Kinkfolks, unha banda de bluegrass na que participa Manuel García, moi vencellado a Sabucedo, e que animará ao baile dos asistentes cos seus sons.

Finalmente, o curro tamén contará coa presenza de Losto Kinsky, un proxecto de cinco apaixoados da música que, procedentes de estilos moi diversos, optaron polo rock en galego para versionear temas míticos de todas as épocas.

O III AloitaFest, que renova este ano por completo a relación de grupos participantes para seguir apostando polo seu crecemento paseniño e a súa consolidación no circuíto de festivais musicais de Galicia, O certame ofrecerá a posibilidade de acampada gratuíta na Carballeira de Campo do Medio ao público asistente, contará como aperitivo cunha sesión vermú o propio

venres 10 desde as 13.00 horas diante do teleclube de Sabucedo. Ademais, a xornada completarase cunha demostración de fútbol gaélico durante a tarde a cargo de xogadores e adestradores do Irmandinhos A Estrada, clube embaixador da Rapa das Bestas de Sabucedo.

Finalmente, cómpre sinalar que haberá servizo de bar e ofreceranse racións de paella a todos os asistentes a prezos populares.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial