Terras de Compostela celebra este venres ao seu décimo aniversario

0

Bisbarra, 22 de novembro do 2018 – A Asociación Terras de Compostela organiza este venres unha xornada para conmemorar o seu décimo aniversario.

Na xornada os asistentes poderán degustar pratos tradicionais galegos, como as filloas da pedra da Baña ou as de Lestedo, con outros da nova cociña, como o chupito de grelos IXP de Galicia, de Boqueixón; o aceite de Vedra ou a leitefrita ecolóxica de Ames. O director xeral de Agader, Miguel Ángel Pérez Dubois, clausurará a xornada de Terras de Compostela, que comezará ás 18.00 horas no Hostal dos Reis Católicos.

Dende a súa fundación, este GDR tramitou 177 expedientes que permitiron a consolidación ou creación de 300 postos de traballo, e que mobilizaron máis de 22 millóns de euros entre fondos públicos (5,6 millóns) e privados. O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras de Compostela é unha asociación sen ánimo de lucro que promove accións para dinamizar o medio rural, apostando pola innovación como medida para fomentar a calidade de vida e, en consecuencia, fixar poboación no rural galego. Sobre este tema xira a parte principal do acto, un relatorio a cargo do xeógrafo Juan Ignacio Plaza Guitérrez sobre o ‘Desenvolvemento dos espazos rurais: reflexións e algunhas orientacións’. Plaza Gutiérrez é catedrático de Análise Xeográfica Rexional da Universidade de Salamanca.

O acto abrirase coas intervencións do actual presidente da Asociación Terras de Compostela, Carlos Martínez Carrillo; do subdirector de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural da Xunta, Javier Blanco Carballal; e tamén do primeiro presidente da Asociación, José Severino Montes. O momento emotivo da cita coincidirá coa entrega a José Montes dunha placa en recoñecemento ao seu labor como primeiro presidente e un dos socios fundadores do GDR.

Na degustación, ademais dos mencionados, os asistentes poderán probar biscoito de mazá marmelada de pexego durazo (de Brión), masolas de rixóns (Teo), pan de Vedra e Val do Dubra; guiso de galo de Mos (Val do Dubra), zorza (Negreira), rixóns (Santiago), laminado de tenreira frisona, mel ecolóxico, embutido artesán (Santa Comba). Todos eles acompañados con viños da D.O. Rías Baixas da subzona Ribeira do Ulla.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial