Terras de Compostela asina un convenio coa Consellería de Cultura e Turismo para a promoción do territorio como Xeodestino

0

Compostela, 12 de xullo do 2019 – O alcalde de Vedra, Carlos Martínez Carrillo, como presidente do Grupo de Desenvolvemento Rural Terras de Compostela, asinou un convenio coa Consellería de Cultura e Turismo para a promoción do  Xeodestino Terras de Santiago.

Vedra foi un dos once concellos que acudiron a Cidade da Cultura de Galicia para renovar o acordo. Os convenios supoñen un investimento de máis de medio millón de euros para difundir o potencial turístico de cada un dos espazos como Xeodestino.

Reunión xobre o XeodestinoCrecemento continúo do turismo

O titular de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, subliñou o comportamento “sobresaínte” do turismo en Galicia, que encara o verán como un dos destinos mellor situados de España e como a comunidade autónoma que obtivo un mellor crecemento na tempada media-baixa. Estes bos datos súmanse a que o 88% dos empresarios turísticos esperan aumentar ou manter as súas vendas este verán e que o índice de confianza empresarial se sitúe no 32%, triplicando a media española, o que amosa “as boas sensacións xeneralizadas no sector”.

Xeodestinos

Reunión xobre o XeodestinoNo ano 2011 A Xunta de Galicia impulsou a creación de 14 Xeodestinos. Son espazos delimitados dun xeito natural pola súa historia e as súas singularidades. na oferta o viaxeiro pode atopar tanto destinos de praia como de montaña, ofertas de tipo cultural ou gastronómicas. No caso do GDR Terras de Compostela o Xeodestino leva a denominación Terras de Santiago e abarca a bisbarra da Capital de Galicia..

Apoio ao turismo no medio rural

No que respecta ao GDR Terras de Compostela este convenio suporá seguir avanzado na posta en valor do medio rural como Xeodestino. Actividades como a homologación do sistema de calidade turística Sicted, actualmente cunha ducia de empresas implicadas, o impulso de novas actividades empresarias vinculadas ao turismo nos dez concellos que forman parte da asociación, ou o asesoramento das xa existentes son os principais obxectivos  do convenio asinado hoxe.

O GDR Terras de Compostela

Reunión xobre o Xeodestino

Carlos Martínez, á dereita, asina o convenio

O GDR Terras de Compostela constituíuse en 2008 coa finalidade de ser o núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos interesados en promover o desenvolvemento do territorio de actuación. O Grupo traballa no territorio formado polos concellos de Ames, Boqueixón, Brión, Santiago, Teo, Val do Dubra, Vedra, A Baña, Negreira e Santa Comba.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial