займ срочно

Terrazeando crece con cinco concertos e 9 grupos

0

Compostela, 21 de xuño do 2019 – A concelleira de acción cultural, Mercedes Rosón, presentou a oitava edición do ciclo Terrazeando.

Cartel Terrazeando 2019Terrazeando crece ata as 9 bandas. Concertos en cinco lugares da cidade como a Praciña do Olvido, o Hotel NH Collection Santiago, a Terraza da Fundación SGAE, o Hotel Costa Vella e o Parque de Galeras. Todos de balde e as oito da tarde excepto o do 17 de xullo, no Hotel Costa Vella, que será as 9.

Cartel Terrazeando 2019Mercedes Rosón estivo acompañada por Álvaro Álvarez da asociación Desconcierto Cultural, organizadora do ciclo. Rosón destacou que se trata dun ciclo máis que consolidade co que se pretende aproveitar lugares especiais que raramente son empregados na música en directo. Espazos que por si mesmos son capaces de amplificar as emocións e sensacións xa xeradas por un concerto. Terrazas, parques e espazos singulares de Compostela que polo seu magnetismo dan lugar a noites inesquecibles.

Álvaro falou pola súa dos distintos estilos dos artistas convidados. Da oscura intensidade María Guadaña, o garaxe rock de The Pretty Shirts, o encontro entre Atlántico e Mediterráneo que protagonizarán os galegos Os Amigos dos Músicos e os valencianos Gener, o power pop de Monnone Alone, o folk rock de Martin Frawley, o art pop dos vigueses Ghost Beast, e o eclecticismo musical de propostas como Cool Sounds e Lachlan Denton.

Os carteis dos concertos, e o do ciclo, foron creados polo membro de Desconcerto Cultural Jorge Vicente Díaz. El tomou como referencia plantas típicas da nosa comunidade e que están en perigo de extinción.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies