Aldea Viva fala de “terrorismo ambiental” nos traballos da empresa Tyrma na mina de Touro

0

Touro, 7 de xuño do 2018 –  A Asociación Aldea Viva denuncia nun comunicado as prácticas da empresa Tyrma que acabaron por facer desaparecer unha balsa de lodos diluíndoa nos ríos.

A empresa Tyrma, dedicada a xestión de residuos, é unha das asociadas aos promotores da mina de Touro. Aldea Viva explican que a nave principal da empresa, nas instalacións de Touro, está construída sobre unha balsa mineira. Dita balsa foi reducida pouco a pouco co paso do tempo contaminando os regatos do entorno con metais pesados poñendo en perigo a poboación e o ecosistema da zona. Según a Asociación a empresa fixo desaparecer, deste xeito, a metade da extensión da balsa.

Tyrma reduce balsa na mina de TouroAldea Viva cualifica de “terrorismo medioambiental” as prácticas que se levan cometendo nos terreos mineiros dende que Explotaciones Gallegas adquirise os dereitos fai máis de 20 anos. Para a Asociación “a pasividade das administracións, tanto as locais como a autonómica, demostra unha vez máis a impunidade coa que actúan estas empresas”. Instan á Xunta de Galicia a tomar as medidas oportunas para resolver os problemas ocasionados, e advirten da perigosidade que suporía autorizar o novo proxecto a unha empresa con semellante historial.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies