займ срочно

The Blue Ribbon Healers protagonizan o Feito a Man

0

Compostela, 19 de agosto do 2018 – O Feito a Man acolle hoxe o concerto dos norteamericanos The Blue Ribbon Healers, a partir das nove na Praza dos Gatos.

O Feito a Man baixa a intensidade e hoxe domingo ofrece un único concerto que, iso si, non deixará indiferente a ninguén. The Blue Ribbon Healers son unha banda americana que interpreta temas de jazz antigo, melodías balcánicas, animado swing de New Orleans e Luisiana. Con máis de 1.000 concertos en varios países diferentes, este trío está constantemente a reelaborar o folk americano, o swing e a música balcánica. Ademais, Scott Stobe coa súa guitarra resoadora, contribúe a esa enerxía máxica e contaxiosa que  sempre se apodera do público nos seus concertos.

O grupo fórmano Rob Pate á guitarra e voz, Cindy Rose na mandolina e voz, e Scott Stobe na guitarra resoadora.

Feito a Man 2018

Polo Feito a Man deste ano están a pasar case 60 propostas artísticas de diferentes e diversos estilos musicais: pop, rock, blues, jazz, hip hop, música tradicional galega… Como vén sendo habitual, o groso do festival recae nos concertos de pequeno formato realizados nas terrazas dos establecementos organizadores, mais tamén hai lugar para noites con artistas de maior formato. Así, á parte de rúas como a Vía Sacra, a rúa da Orfas, a Praza de Feixóo, Tras San Fiz de Solovio ou rúa Xelmírez; tamén haberá actuacións nas prazas de Mazarelos, San Martiño Pinario ou Cervantes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies