займ срочно

La  Galiciana é algo máis que un mercado gastronómico, é un lugar de reunión. Unha das vantaxes é que cada persoa pode atopar algo que lle guste,  The  Veggie é a aposta vexetariana de La Galiciana.

The  Veggie é descubrir novos sabores, sen dúbida unha comida saudable pero tamén unha experiencia culinaria para calquera que se achegue a probar as súas preparacións. As súas cociñeiras manexan á perfección múltiples produtos que, combinados, abren un mundo gastronómico para moitos descoñecido.

Adrián Reboredo é o responsable de que todo funcione no posto. É consciente de que cobren un oco moi importante xa que todo o que entre no mercado ten que atopar algo que comer

Antes de que todos falásemos de noticias falsas estaban xa as lendas urbanas, unha delas sen dúbida é que a comida vexetariana é repetitiva. Un prexuízo que desaparece cando se coñece a carta de  The  Veggie

O atreverse con cociñas doutras latitudes sempre é un reto. Hoxe en día traballase, en moitas ocasións, para persoas chegadas deses países e que coñecen á perfección os pratos. Adrián Reboredo explica que o éxito radica en usar receitas orixinais e o mellor produto, algo que consegue que sexan das preparacións máis vendidas

Aínda que non é unha cociña complicada si require dunha certa preparación por parte do que a elabora, sobre todo tendo en conta que non ten porque ser  vexetariano para preparala

Preguntámoslle pola forma de atraer ao público a este tipo de receitas, rodeado sobre todo por tantos locais. A presentación, como moitas veces sucede, é fundamental.

Á vez que estar rodeado de locais pode ser un inconveniente o concepto de mercado é unha vantaxe. Moitos dos visitantes veñen con intención de probar e as novas tendencias cara á comida sa lévaos a  The  Veggie

Para os máis maiores teñen unha  poción especial, un caldo de fabas e  grelos que conta con moitos seguidores. Ademais diso Adrián lembra que en Galicia a verdura foi base da dieta desde fai xeracións

The  Veggie é unha das opcións máis interesantes que podemos atopar en La Galiciana. Hai quen pensa que existe unha contradición en preparar pratos  vexetarianos que se parezan aos que non o son pero, cando un proba as hamburguesas ou os  espaguetes  boloñesa, importan ben pouco ese tipo de debates.

Se o que buscamos é comer san con moito sabor, coñecer pratos doutras culturas ou simplemente saír da rutina  The  Veggie é una das mellores opcións.

[ngg src=”galleries” ids=”103″ sortorder=”1408,1419,1418,1417,1409,1416,1415,1414,1413,1412,1411,1410″ display=”basic_slideshow”]

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies