Time and Date

0
Iñaki Quenerapú Evanxelizador tecnolóxico. Profesor de informática e consultor en temas de dixitalización e alfabetización dixital. Tamén deseñador gráfico, técnico de márketing para novos medios e programador web. Cando sexa maior quere ser monologuista. http://quenerapu.com

Iñaki Quenerapú
Evanxelizador tecnolóxico. Profesor de informática e consultor en temas de dixitalización e alfabetización dixital. Tamén deseñador gráfico, técnico de márketing para novos medios e programador web. Cando sexa maior quere ser monologuista.
http://quenerapu.com

Non son tan talibán dixital como algúns pensan. Non me gusta nada ter que imprimir documentos e evito facelo, pero sei que ás veces é imprescindible. Daquela que, admítoo: ás veces imprimo documentos e sobre eles poño anotacións feitas a man, co lápiz ou rotulador. Pasa moi de cando en vez, pero pasa.

Unha das poucas cousas que imprimo son calendarios. Ás veces teño que asistir a reunións de planificación e resúltame máis cómodo levar comigo un calendario en branco impreso en papel e sobre el anotar a lápiz as datas que van saíndo na reunión: cursos, datas límite de entrega de traballos, etc.

Para levar un calendario en branco á reunión uso un servizo web chamado http://timeanddate.com (Hora e data). E volo quero recomendar, por suposto.

Levo anos usando timeanddate.com para moitas cousas e cada vez resúltame máis útil. Estou encantado con el. Este servizo web foi creado polo noruegués Steffen Thorsen en 1998. Creo que xa deixei caer algunha vez que sinto especial debilidade polos servizos web que son europeos, porque non todo en Internet ven dos Estados Unidos. Quero aproveitar tamén esta ocasión para facer fincapé na miña defensa de usar o inglés como lengua vehicular cando pos a andar un proxecto web con vocación universal. Se este sitio web estivera en noruegués non chegaría a ser unha referencia mundial.

Con timeanddate.com podes confeccionar todo tipo de calendarios semanais, mensuais, anuais, etc. Mesmo facelos cunha periodicidade a medida. Podes elixir entre varios aspectos estéticos ou de configuración (podes, por exemplo, crear un calendario que teña marcados todos os festivos do Estado ou dunha provincia en particular, ou ningún, etc.) Finalmente ves como queda, convirtes o teu calendario en PDF e xa podes imprimilo.

Pero non só serve para construir calendarios. Tamén tes aló diferentes ferramentas relacionadas co tempo horario, que che permiten saber qué hora é en diferentes lugares do mundo ou construir unha conta atrás para poñer a pantalla completa ou incluir nun sitio web. Sácolle moito partido ás contas atrás.

Hoxe, por exemplo, síntome orgulloso porque vou entregar este artigo a Xornal Lindeiros con grande puntualidade. No canto de estresar a Manel Pardo con entregas pasadas de prazo, estou rematándoo case un par de días antes de rematar o mes. Exactamente 1 día, 22 horas, 36 minutos e 9 segundos. Xenial!

Ah! «Time and Date» tamén o tendes en forma de app para móbiles 🙂

 

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies