займ срочно

Tintín, o cambio climático e a relación entre criadas e señoras na nova NerdNIte

0

Compostela, 26 de xaneiro do 2019 –  A primeira sesión das NerdNite Santiago celebrarase o vindeiro martes 29 de xaneiro con tres propostas que se achegan aos idiomas de Tintín, o cambio climático e relacións entre señoras e criadas na literatura sureña norteamericana.

Esta nova Nerdnite celebrarase nesta ocasión en Riquela (r/Preguntoiro, 35) a partir das 21.00 horas. Os idiomas de Tintín será a intervención que abra o programa da man de Pedro Rey Sanchiz, director da Oficina Web da USC, seguido de Susana Bayo Besteiro, doutorando do EPhysLab da Universidade de Vigo, para abordar o tema ‘Cambio climático: realmente crémolo?’. Para rematar, a doutorando en Literatura Norteamericana da USC Leticia García Barreiro referirase ás relacións entre criadas e señoras na literatura do sur dos Estados Unidos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies