Títeres Cachirulo presentará A Barraca Camiño A Compostela en Melide

0

Melide, 12 de xullo do 2019 – Melide acolle unha pequena exposición de diferentes marionetas e monicreques de personaxes vinculados á historia do Camiño de Santiago que se completa coa actuación en Melide de Titeres Cachirulo.

Títeres Cachirulo presentará en Melide o seu novo proxecto “A barraca Camiño a Compostela”, que vén de ser incluído dentro do programa de dinamización do Xacobeo 2021 “O Teu Xacobeo”, da Consellería de Cultura e Turismo. A actuación terá lugar as oito e media da tarde na praza do Convento o venres 19.

titeres cachiruloDurante os meses de xullo e agosto, unha barraca-retablo de monicreques irá polo camiño representando a obra “Camiño de aventuras” con personaxes vinculados á tradición Xacobea, como Don Gaiferos, a Raíña Lupa, a Raíña Isabel de Castela ou o mesmo Demo Lucifer, entre outros.

Un obradoiro de “Monicreques no camiño”, completará a xornada de títeres en Melide.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial