Titzina Teatro presenta La Zanja en Compostela,

0

Compostela, 7 de febreiro do 2019 – A compañía Titzina Teatro presenta hoxe no Principal, oito e media da tarde, a obra La Zanja.

Miquel, técnico dunha multinacional mineira, chega a unha explotación da compañía en Sudamérica. Alfredo (o alcalde) e a súa comunidade esperan a este novo descubridor. En La Zanja prodúcese o reencontro de dous mundos e formas diferentes de entender a vida. As ambicións, oportunidades e consecuencias da implantación da mina, marca o futuro do pobo e súas relacións entre veciños. Os protagonistas son transportados a un momento chave da historia durante o descubrimento de América. O encontro de Pizarro e Atahualpa.

A compañía

Diego Lorca e Pako Merino atópanse, o 1999 na Escola Internacional de Teatro Jacques Lecoq en París. En agosto de 2001 fundan Titzina en Cerdanyola del Vallès (Barcelona).

Estes dous creadores marcaron os acenos de identidade do proxecto: un traballo de xornalismo antropolóxico de entrevistas e convivencias. Investigando, penetrándose na vida doutras persoas e abordando realidades moitas veces descoñecidas conseguen transportar ao

escenario o máis destacable do ser humano, converténdose así, nun referente contemporáneo de teatro no noso país.

Dramaturxia, dirección e interpretación: Diego Lorca e Pako Merino

Música e deseño de son: Jonatan Bernabeu

Deseño iluminación: Alvert Anglada e Diego Lorca

Deseño escenografía: Titzina

Construción escenografía: Núria Espinach e Escenograes Castells

Vestiario: Núria Espinach

Produción: Titzina

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial