займ срочно

Toda a bisbarra homenaxeou a Rosalía de Castro

0

Compostela, 25 de febreiro do 2017 – Imposible resumir tódolos actos que acolleu a bisbarra dedicados a Rosalía de Castro no 180 aniversario do seu nacemento así que nos quedamos co realizado en Compostela.

A pimeira parte do acto tivo lugar na alameda de Compostela e posteriormente na Capela Real do Hostal dos Reís Catóolicos. A estatua de Rosalía na alameda de Santiago acolleu unha ofrenda floral na que participaron persoeiros de tódolos ámbitos.

Toda a bisbarra homenaxeou a Rosalía de CastroO Secretario da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, o Secretario de Política lingüística Valentín González e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, foron os encargados de colocar a coroa. Sorprendeu a falta do alcalde de Padrón Antonio Fernández Angueira que preferiu acudir directamente ao Hostal dos Reis Católicos onde continuaron os actos.

A capela do Hostal é lugar onde foi bautizada Rosalía de Castro e alí algúns dos participantes do acto da alameda leron poemas de Rosalía como por exemplo o Secretario Xeral de Política Lingüística Valentín González que foi o primeiro en intervir. Que sirvan tamén aqui as súas verbas coma homenaxe a Rosalía de Castro.

Toda a bisbarra homenaxeou a Rosalía de Castro

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies