займ срочно

Todo por decidir nos primeiros escrutinios

0

Bisbarra, 26 de maio do 2019 – Co escrutinio en torno ao 20 por cento os primeiros datos falan de que será unha noite longa en algúns municipios, algúns concelleiros pódense decidir por uns poucos votos.

Na capital, Compostela, a caída de Compostela parece máis grande do previsto pero queda moita noite; PP e Psoe conseguiría 9 escaños, CA só 5 e o BNG mantería os dous que ten.

En Ordes, con pelexas entre UxO e o goberno municipal ata a mesma xornada de reflexión, o Partido Popular parece gañar con contundencia conseguindo 10 concelleiros fronte a 4 de Uxo, 2 do BNG e 1 do Psoe que cun cambio de candidato non conseguiría que fora o revulsivo esperado.

Ames limpa o escenario de partidos e deixa a pelexa entre o PP con 10n concelleiros e o Psoe con 9, por detrás só o BNG que mantén os dous concelleiros.

En Arzúa Alternativa renovaría a confianza con 3 concelleiros, o PP tería 3, e Psoe, BNG e CxG terían 1.

Boqueixón otorgaría 6 concelleiros ao PP e 5 á Marea Veciñal. O veciño concello de Vedra apostaría pola continuidade cun PP que consigue 8 concelleiros fronte a 3 do Psoe e 2 do BNG.

En Santa Comba a loita parece inclinarse cara o PP con 7 concelleiros, o Psoe conseguiría 5 e compromiso 1 concelleiro.

En Negreira a loita se decide entre Psoe, que polo momento gaña con 7 concelleiros, e o PP que conseguiría 6.

En Touro o conflito da mina non resta apoios ao alcalde que mantén 6 concelleiros, a Marea Veciñal acadaría 3, e Psoe e BNG 1.

O resumo pode ser que aínda que hai moitos alcaldes, con este tanto por cento escrutado, que mantería o posto un concelleiro cara un lado ou outro podería cambiar o panorama. Toca esperar.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies