займ срочно

Todo preparado para ExpoOrdes 2019

0

Ordes, 19 de abril do 2019 – O Concello de Ordes xa está a traballar arreo na celebración dunha nova edición de ExpoOrdes, a cal terá lugar os días 26, 27 e 28 de abril.

A xornada de apertura de ExpoOrdes está prevista para o venres 26 ás 20.30 horas. Estará dedicada aos empresarios e autónomos da zona. A apertura correrá a cargo dos membros da corporación municipal e de Sol María Vázquez, directora xeral de Comercio e Consumo.

A partir do sábado o público xeral poderá acceder libremente ao recinto, que abrirá as súas portas de 10 a 21 horas. Este será o día da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, que contará co seu propio espazo. A mancomunidade ofrecerá no stand diverso material promocional, turístico e cultural, dos sete municipios que a constitúen (Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo).

bty

Ao igual que nos últimos anos a  Asociación de Comerciantes de Ordes (ACORDES) aproveitará o grande escaparate que supón ExpoOrdes para organizar a terceira edición do Salón IV Salón Moda & Eventos. Máis de 135 metros cadrados nos que se mostrará todo en roupa, calzado, organización de celebracións, lencería, agasallos, óptica, viaxes e incluso cociña. En total hai que falar de 60 comercios que participan nesta sección.

Literatura

O Concello de Ordes quere renderlle este ano unha homenaxe espacial aos escritores e escritoras que dalgún xeito están relacionados con esta terra. Por isto habilitarase un stand no que figurarán Euloxio Rodríguez Ruibal, Ramón Vilar Landeira, Jacobo Ríos Soneira, Marisol Gándara Sánchez, Eli Ríos Liste e Roberto Ramón González Amado. Un espazo no que se poderá coñecer un pouco máis sobre estes autores e autoras, ademais de poder facer un percorrido pola súa traxectoria bibliográfica.

Feira de mostras

Grazas a ExpoOrdes poderanse coñecer de primeira man as últimas novidades en alimentación, automoción, construción, cooperativismo, agricultura, hostalería, mobiliario, artesanía, téxtil, medio ambiente, enerxías, acción social, deportes, mecánica, maquinaria agrícola e gandeira etc. Unha cita que da que, nas últimas edicións, disfrutaron  máis de 35.000 persoas de media e que conta cunha superficie que supera os 13.000 metros cadrados, dos cales 3.000 corresponden á carpa instalada no mesmo Campo da Feira.

Feira artesanía

Ademais, ao longo de toda a fin de semana máis de 30 postos formarán parte da feira de artesanía que se instalará na alameda de Ordes. Entre outros obxectos e creacións poderanse adquirir pezas de coiro, bixutería, xoiería, abelorios e elementos feitos con madeira, vidro, doces marroquís, roupa confeccionada con la e gancho para nenos e nenas e persoas adultas, agasallos, patchwork etc.

A nota musical virá da man da Asociación Cultural Camiño Real de Poulo, que actuarán o sábado pola tardiña. O domingo será o momento para a Banda de Música de Ordes, o grupo de gaitas Sementes da Arte e a charanga Ruada.com.

Agricultura, gandería e música

Un dos aspectos máis importantes de ExpoOrdes é a gran mostra de maquinaria agrícola e gandeira que se dá a coñecer nesta cita. Primeiras marcas e comercios de relevancia acoden para amosar o último do mercado. Tractores, ensiladoras, muxidoiras, empacadoras etc. Como novidade este ano a empresa Husqvarna instalará un gran tráiler interactivo en cuxo interior todas as persoas que o desexen poderán coñecer o máis avanzado e innovador neste eido.

Para o último día, o domingo 28, Ordes agarda a milleiros de persoas ansiosas por degustar os seus afamados champiñóns. Os bares e restaurantes porán, unha vez máis, todo o seu empeño e bo facer para deixar a todo o mundo satisfeito coa XXX Degustación do Champiñón. Durante todo o día, con cada consumición, ofrecerán tapas preparadas das máis diversas maneiras. En base a cifras de pasadas edicións prevese que se sirvan arredor de 3.500 quilos deste delicioso cogomelo. Este día contarase coas actuacións do grupo de gaitas e de baile Sementes da Arte, coa Banda de Música de Ordes, ademais da charanga Os campantes da Baña.

Aparcamento gratuíto

Co fin de facilitar o acceso aos milleiros de persoas que cada ano visitan Ordes nestas datas o Concello habilitou máis de 8.500 metros cadrados de aparcamento gratuíto xusto en pleno casco urbano e a escasos metros da zona de mostras.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies