O café acompaña ó home desde fai centos de anos. Como estimulante ao espertar, acompañando a unha boa sobremesa, ou nos faladoiros dos mellores locais o café deixou de ser unha simple bebida para formar parte da nosa cultura.

Cafés  Siboney ten moito dese espírito cultural. Desde o nome, que designaba aos indíxenas de Cuba antes de que chegase ninguén alí; pasando pola familia, os responsables son a terceira xeración; ata o traballo e o esforzo, tratando en persoa e axudando desde o produtor ata o hostaleiro que o serve. A súa presenza na  Galiciana está vinculada a esa filosofía de poñer en valor como somos e como traballamos os galegos, unha cultura que nos diferenza doutros á vez que nos une.

Nacho Gómez é un dos dous netos do fundador de Cafés  Siboney que dirixen a empresa. Encárgase de visitar aos produtores en orixe e elixir o mellor café. Forma tamén aos que o van a servir, hostaleiros, e, desde hai un tempo, tamén a consumidores. Falamos con Nacho cando acaba de chegar de Colombia e prepara xa unha viaxe a Kenya. Ser a terceira xeración dunha empresa é un éxito en se mesmo que lle produce unha mestura de orgullo e responsabilidade

O do café é un mundo que se volveu moi competitivo nos últimos anos. A forma de distinguirse é estar en constante evolución

A presenza de  Siboney na  Galiciana ten moito que ver con esa filosofía do esforzo, da colaboración, mesmo coas raíces emigrantes que se advirten no nome e que conectan coa historia da súa empresa

O mercado cambiou moito na última década. Unha das razóns é a evolución das comunicacións, os produtores pasaron de estar illados a poder charlar cos compradores en tempo real sobre como foi a colleita

Nacho Gómez busca para  Siboney cafés que teñan alma, para iso fai falta produtores implicados no traballo

Non é unha forma de traballar habitual en España. Preguntámoslle por se se cruza nas súas viaxes con outros  tostadores españois pero acudir á orixe é algo que tamén distingue a  Siboney doutros

Hoxe en día non hai ningunha actividade vinculada á terra que se escape á influencia do cambio climático. O café é no seu maior parte consecuencia do clima e cada vez débese de cultivar a maior altitude

Acudindo á orixe, para saber como brotou o café que compran, é lóxico ese empeño en formar a hostaleiros e consumidores para que valoren e coiden o produto

No local de Secretos de Galicia, ao carón da camioneta de Siboney un pode mercar algúns dos seus produtos

A pregunta escoitando a Nacho xorde sen moito esforzo, é tópica pero necesaria, que debemos saber á hora de tomar un café?

Hai quen opina que o café se debe tomar só, amargo e quente pero, ao parecer, iso é outra lenda máis

Tras a conversación queda claro que na marca Siboney hai moito traballo e, tamén, moita historia. Nacho fala de café pero entre as verbas percibimos a súa propia liña vital e a da súa familia. Nestes 53 anos  Siboney fíxose un oco no mundo do café grazas ao esforzo pero tamén, e isto é o esencial, ao amor polo produto e polo traballo ben feito. Podería dicirse que a presenza na  Galiciana estaba  predestinada, non hai comida galega que non acabei cun bo café e se ten nome cubano pouco máis hai que dicir, alí ademais de tomalo poderán mercalo… non deixen pasar a oportunidade. 

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial