займ срочно

Tonucci defende en Compostela o papel dos nenos nas cidades (vídeo)

0

Pola mañá firmou no libro de honra e mantivo unha reunión no salón de plenos cos cativos que formarán o Consello da Infancia.

tonucci-compostela-normal-1-24-septiembre-2016_rSantiago, 24/09/2016 – O pedagogo italiano Francesco Tonucci visitou este venres a cidade, convidado pola Concellaría de Educación e Cidadanía. Aquí mantivo unha intensa axenda de actividades, que incluíu unha recepción no Pazo de Raxoi e varios encontros con escolares. Para a tarde estaba prevista unha conferencia, ás 19:00 horas no IES Rosalía de Castro, baixo o título “A cidade das nenas e dos nenos: unha nova filosofía de goberno da cidade”.

A axenda comezou pola mañá cunha visita ao Concello, onde Francesco Tonucci foi recibido polo alcalde, Martiño Noriega, e outros membros da Corporación. O pensador e pedagogo italiano asinou no Libro de Honra da cidade.

tonucci-compostela-normal-3-24-septiembre-2016_rLogo, Tonucci mantivo un encontro con escolares da cidade no salón de plenos do Concello. O autor de A cidade dos nenos explicoulles a unha representación do alumnado dos CEIP de Compostela o funcionamento do Consello Municipal da Infancia, que o Goberno local quere poñer en marcha de xeito oficial proximamente. Este Consello é un instrumento novidoso, que aínda funciona en poucas cidades, e que ten como obxectivo trasladar a opinión e a mirada dos nenos e nenas sobre o modelo de cidade que queren, máis alá do ámbito educativo.

Colecamiños 
tonucci-compostela-normal-2-24-septiembre-2016_rAproveitando a súa visita, o Concello quixo que Francesco Tonucci coñecera a experiencia do Colecamiños, o camiño escolar seguro, en Santiago. Para iso, despois do encontro cos escolares no salón de plenos, o pedagogo fixo un pequeno percorrido polo itinerario habilitado para o CEIP Raíña Fabiola, dende Porta Faxeira. Na actividade participou o alumnado dese centro, acompañado pola mascota Moito Olliño.

Conferencia 
A presenza de Tonucci en Compostela pecharase esta tarde cunha conferencia no salón de actos do IES Rosalía de Castro, baixo o título “A cidade dos nenos e das nenas: unha nova filosofía de goberno da cidade”. O acto servirá tamén de presentación do novo libro do pensador, Cando os nenos din: Basta!, editado por Kalandraka e dirixido ao profesorado, ás nais e pais, aos urbanistas, aos políticos e mesmo aos nenos e ás nenas. A cita é ás 19:00 horas.

Cidade dos nenos 
O pensador e psicopedagogo italiano Francesco Tonucci traballou como mestre e, en 1966, converteuse en investigador no Instituto Psicolóxico do Consello Nacional de Investigación, do que máis tarde presidiu o Departamento de Psicopedagoxía. As súas investigacións céntranse no desenvolvemento cognitivo dos nenos e nenas, do seu pensamento e da relación entre a súa cognición e a metodoloxía educacional.

En 1991 comezou o proxecto Cidade dos nenos, que tiña como obxectivo construír unha cidade cuxo punto de referencia fosen os nenos e as nenas. O proxecto tivo moito éxito e estendeuse a outros puntos do mundo.

A este proxecto de cidade uníronse moitos alcaldes e administracións co obxectivo común de cambiar as cidades, no que se ten moi en conta as propostas dos nenos e das nenas e a súa influencia no cambio das cidades, realizando un importante exercicio de democracia para os gobernantes e constituíndo unha continua contribución de ideas frescas, orixinais e innovadoras que os adultos deberán saber transformar en política.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies