займ срочно

Tordoia abre á XVI Volta Ciclista á Provincia da Coruña

0

Tordoia, 19 de maio do 2017 – Sete equipos galegos, sete do resto de España, dous portugueses e un ruso loitarán desde hoxe por suceder no palmarés da Volta Ciclista á provincia da Coruña ao ucraíno Oleksandr Sheydyk.

A Volta Ciclista á Provincia da Coruña é para corredores Elite e Sub23 alcanza a súa decimosexta edición e faino cun percorrido de 421 quilométros dividido en tres etapas. A primeira terá como punto de saída e chegada a localidade de Tordoia. O deseño desta volta, organizada e promovida pola Federación Galega de Ciclismo e a Deputación da Coruña, é unha garantía de espectáculo.

Un terreo con constantes subidas e baixadas, cunha última xornada que se presenta como a máis decisiva. Para empezar, este venres darase ás 13:45 horas o bandeirazo inicial aos primeiros 150 km. Co alto de 3ª categoría de Boimorto (km 59) como única subida puntuable e as metas volantes de Ordes (km 26) e Oroso (126 km), o pelotón transitará por puntos da comarca de Santiago coma Sigüeiro, Sobrado dos Monxes ou Teixeiro. O desenlace está previsto para as 17:30 horas. Carballo-Carballo, de 135 km e tres portos de montaña, será a etapa do sábado e o domingo arrancará e concluirá en Ortigueira a derradeira xornada na que os corredores terán que superar en 136 km tres ascensións puntuables, a última delas a da Garita de Herbeira, de 1ª categoría, e que se coroa a menos de 35 km para a liña de meta.

O Padronés Cortizo – Anova e o Cambre Renault Caeiro son os dous conxuntos que actuarán de anfitrións na Volta Ciclista á Provincia da Coruña. Xunto a eles estarán outros cinco equipos galegos: Spol Concello do Porriño, Autronic Club Ciclista Vigués, Supermercados Froiz, Club Ciclista Rías Baixas e Guerciotti Redondela. Pola súa parte, Bicicletas Rodríguez Extremadura, Ciudad de Oviedo – Tartiera Auto, Gsport Valencia, Escribano Sports Team, Gomur Liébana, EC Cartucho.es – Magro e Kuota acoden dende outros puntos de España. A participación estranxeira queda nas mans da formación rusa Lokosphinx e das portuguesas Liberty Seguros Carglass e Moreira Congelados Feira. Nesta competición repártense puntos para o ranking da Real Federación Española de Ciclismo e a nivel estatal trátase da primeira volta da temporada para corredores Elite e Sub23.

Os seus organizadores queren aproveitar a súa celebración para promover o respecto á distancia de seguridade de 1,5 metros que deben gardar os vehículos cos ciclistas. Por ese motivo, os maillots dos gañadores teñen unha imaxe na parte posterior que visibiliza esta medida de seguridade básica para evitar accidentes nas estradas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies