O dolmen de Cabaleiros na estratexia de divulgación da Deputación

0

Tordoia, 20 de xaneiro do 2020 – A Deputación da Coruña e o Concello de Tordoia veñen de asinar un convenio de colaboran para a promoción e divulgación do dolmen de Cabaleiros.

Dolmen de CabaleirosO convenio, que supón unha achega económica de 3.815 euros, ten como obxectivo incluír ao dolmen de Cabaleiros na estratexia de turismo municipal e provincial, favorecer o seu uso educativo e didáctico e implicar á poboación local na súa posta en valor.

 O presidente do organismo provincial, Valentín González Formoso, e o alcalde de Tordoia, Eduardo Antonio Pereiro Liñares, xunto co deputado responsable da área de Contratación, Xosé Lois Penas, foron os encargados de asinar o documento.

Dolmen de CabaleirosVisitas guiadas e redes sociais

O acordo contempla accións de divulgación e comunicación a través de redes sociais, medios de comunicación ou material impreso. Fomentaranse as visitas ao dolmen de grupos de escolares de toda a provincia e durante os meses de verán prestarase un servizo de guía que explique aos grupos organizados que o visiten a historia e o valor etnográfico do monumento.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial