A Deputación construirá unha nova ponte sobre o Pedrouzo en Tordoia

0

Tordoia, 11 de outubro do 2019 – A Deputación da Coruña asinou o contrato para a execución das obras de construción dunha nova ponte sobre o río Pedrouzo, na estrada provincial DP 8401 de Tablilla a Agrodomestre por Pontepedra, no termo municipal de Tordoia.

A obra sobre o Pedrouzo ten un investimento de 470.381 euros aos que se suman aos 50.000 euros xa destinados ás expropiacións necesarias para levar a cabo os traballos.

Evitar inundacións

Tras as sucesivas inundacións que se producen na zona nas épocas de choivas abundantes, a Deputación da Coruña encargou un estudo hidrolóxico da conca do río Pedrouzo que determinou a necesidade de demoler a estrutura actual e executar unha nova estrutura con maior sección para un correcto desagüe.

NOva ponte río PedrouzoA nova ponte contará cun marco de formigón armado de dimensións 6x 3,50 metros, que será enterrada 0,50 metros no terreo, seguindo as indicacións técnicas de Augas de Galicia. O marco rematará en aletas que soportarán as terras do terraplén para minimizar as perdas hidráulicas.

As obras suporán tamén unha mellora do trazado da estrada na zona do cruce do río, xa que se eliminarán a curva e contracurva existentes, sustituíndoas por unha soa aliñación en curva de maior radio que as actuais, segundo expliou o deputado responsable da área de Vías e Obras, José Manuel Pequeño, que subliñou que os traballos “non só contribuirán a que non se produzan máis inundacións, senón que mellorarán notablemente a seguridade do tráfico”.

Ademais dunha maior capacidade de desagüe, a ponte contará cunha plataforma de 10,5 metros, integrada por dous carrís de circulación de 3,50 metros de ancho, arcéns laterais de 1 metro e bermas de 0,75 metros con defensas e medidas para mellorar a integración paisaxística da estrutura. O novo firme estará composto por unha capa de 5 cm de mestura bituminosa en quente e rego para mellorar a adherencia dos vehículos.

O proxecto inclúe ademais a execución dunha obra de drenaxe para o desvío temporal da canle do río Pedrouzo durante a execución dos traballos, o que permitirá realizar as obras cunha afección mínima sobre o tráfico, sen necesidade de desvíos provisionais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial