A Deputación da Coruña investirá máis de 600.000 € na estrada DP 841 en Tordoia

0

Tordoia, 3 de agosto do 2018 – A Deputación da Coruña aprobou por unanimidade unha achega de 627.789,97 euros para as obras que se levarán a cabo na DP 8401 no Concello de Tordoia.

Do total do orzamento, 577.370,97 euros están destinados ás melloras previstas e 50.419 euros ás expropiacións para á execución das obras de Tordoia. Estes cartos servirán para arranxar os problemas que xorden en época de choivas no tramo que una a Tablilla con Agro do Mestre na zona de Pontepedra.

Para realizar as melloras é necesario demoler a estrutura existente e executar un novo marco de formigón armado dunha sección 6×3,5 metros. O marco rematarase en aletas que soporten as terras do terraplén para minimizar as perdas hidráulicas da auga na entrada e saída da obra. Por outra parte, está prevista a mellora do trazado desta estrada na zona do cruce do río, eliminando a curva e contracurva existentes e sustituíndoas por unha soa alineación en curva de maior radio que as actuais co obxectivo de mellorar o acceso e a circulación.

Entre as actuacións previstas, tamén está proxectado a reposición dos servizos afectados, a sinalización e defensas da vía e a implantación das medidas de integración paisaxística necesarias. O prazo previsto para a execución das obras será de nove meses dende o comezo das mesmas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial