A Deputación licita unha nova ponte en Tordoia para evitar as inundacións do río Pedrouzo

0

Tordoia, 18 de xullo do 2019 – A Deputación da Coruña vén de publicar a licitación pública das obras de construción dunha nova ponte sobre o río Pedrouzo, no concello de Tordoia.

As obras situaranse en concreto no PK 3+000 da estrada provincial DP 8401 de Tablilla a Agrodomestre por Pontepedra. O importe de licitación ascende a 577.370,97 euros, aos que hai que sumar os 50.000 euros que se destinarán ás expropiacións necesarias para levar a cabo os traballos na contorna do río Pedrouzo.

Segundo explicou o deputado responsable da área de Vías e Obras, José Manuel Pequeño Castro, tras as sucesivas inundacións que se producen na zona nas épocas de choivas abundantes, a Deputación da Coruña encargou un estudo hidrolóxico da conca do río Pedrouzo que determinou a necesidade de demoler a estrutura actual e executar unha nova estrutura con maior sección para un correcto desagüe.

A nova ponte contará cun marco de formigón armado de dimensións 6x 3,50 metros, que será enterrada 0,50 metros no terreo, seguindo as indicacións técnicas de Augas de Galicia. O marco rematará en aletas que soportarán as terras do terraplén para minimizar as perdas hidráulicas.

“As obras suporán tamén unha mellora do trazado da estrada na zona do cruce do río, xa que se eliminarán a curva e contracurva existentes, sustituíndoas por unha soa aliñación en curva de maior radio que as actuais”, afirmou Pequeño, que subliñou que os traballos “non só contribuirán a que non se produzan máis inundacións, senón que mellorarán notablemente a seguridade do tráfico”.

Así, ademais dunha maior capacidade de desagüe, a ponte contará cunha plataforma de 10,5 metros, integrada por dous carrís de circulación de 3,50 metros de ancho, arcéns laterais de 1 metro e bermas de 0,75 metros con defensas e medidas para mellorar a integración paisaxística da estrutura. O novo firme estará composto por unha capa de 5 cm de mestura bituminosa en quente e rego para mellorar a adherencia dos vehículos.

O proxecto inclúe ademáis a execución dunha obra de drenaxe para o desvío temporal do cauce do río Pedrouzo durante a execución dos traballos, o que permitirá realizar as obras cunha afección mínima sobre o tráfico, sen necesidade de desvíos provisionais.

Melloras da estrada DP 2405 en Ordes

O departamento provincial de Vías e Obras publicou tamén hoxe na Plataforma de Contratación do Estado as obras de rehabilitación estrutural e mellora do firme da estrada DP 2405, entre os puntos quilométricos 6+000 e 6+600, no termo municipal de Ordes, que suporán un investimento de 117.105,28 euros.

As obras suporán a demolición de 1.440 metros cadrados do firme actual, que se atopa seriamente danado, o fresado e excavación de saneo cun metro de profundidade e o recheo posterior con zahorra e tres capas de MBC.

Ademáis, o proecto inclúe a substitución da tubería de PVC para a recollida de pluvais do tramo e a renovación da sinalización horizontal e vertical.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial