Critican os cambios no Plan de Obras e Servizos de Tordoia

0

Tordoia, 2 de setembro do 2019 – O grupo Espazo Común Tordoia, que acadou un concelleiro nas últimas municipais, ven de emitir un comunicado no que critica as modificación realizadas no Plan de Obras e Servizos do Concello.

O portavoz da formación, Carlos García Vázquez, cualifica como “chapuza” os cambios aprobados no último pleno ordinario de Tordoia. Considera que as modificacións no Plan de Obras e Servizos son “un parche meramente propagandístico e que supón renunciar a un millón de euros”.

Espazo en Común denuncia que se renuncie ao Centro de día “un proxecto aprobado e para que xa existía diñeiro investido”. Os cambios supoñen según o grupo renunciar tamén a unha obra fundamental para as parroquias de Viladabede e Anxeriz.

Tordoia Plan de Obras

Unha das estradas arranxada pola Deputación en Tordoia

García Vázquez detalla que existía un proxecto previo, exposto ó presidente da Deputación fai 4 anos, tanto por el como polo anterior alcalde, que pretendía transferir dita estrada ao organismo provincial para acometer unha obra de maior envergadura, solicitando ó mesmo tempo a cesión de outra de menor tráfico. O concelleiro precisa que “renunciar a pelexar por ese proxecto, que sería dotar a Tordoia dunha estrada similar á de Tablilla a Agro do Mestre, supón renunciar a 1 millón de euros”

O concelleiro salienta, ademais, que “dividir un mesmo proxecto en dúas partes vulnera a legalidade de contratos do sector público” e engade que “destinar uns escasos 300.000€ en dúas partidas e obras diferentes, nas cales, segundo o proxecto, aplicaranse 5 centímetros de aglomerado en quente, é como poñer un papel de fumar na estrada, que desaparecerá nun ano, non podendo investir nin un euro máis nos próximos 5”.

Finalmente, Carlos García Vázquez engade que, unha vez revisadas as obras pendentes, “encóntrome que están sen realizar, polo menos, dez obras do Plan de Obras e Servizos 2018”. O portavoz de Espazo Común en Tordoia engade que “non temos constancia de ningún problema ou demora” e solicita que se rescinda o contrato de inmediato ás empresas adxudicatarias, unha das cales “pertence ó pai do alcalde do concello limítrofe, Val do Dubra”. Puntualiza, finalmente, que “é lamentable que as empresas veñan a Tordoia a realizar obras en inverno, cando o mal tempo non lles permite traballar noutros lugares”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial