O 39º Torneo de Fútbol Sala de Melide abre a inscrición

0

Melide, 15 de xullo do 2019 –  O club de fútbol Cire de Melide, prepara para o mes de agosto, a trixésimo novena edición do torneo de fútbol sala Concello de Melide.

O Torneo disputarase desde o 1 de agosto ao día 23. Dende o clube Cire de Melide, explicaban a importancia de este campionato de fútbol sala para a vila de Melide vendo a cantidade de anos que leva celebrándose. Trátase dun torneo de longa tradición e que conta con un bo número de seguidores e seguidoras na comarca xa que participan equipos de toda a contorna e moitos do propio Concello.

XXXIX Torneo de Fútbol Sala de MelideO pavillón municipal é o escenario para o torneo. Participarán dende a categoría alevín á sénior, e tamén a categoría feminina con un total de equipos que se incrementa ano tras ano. Os premios para a categoría sénior, será de 600 euros para o primeiro clasificado e de 300 euros para o segundo.

Algúns históricos do fútbol sala participan todos os anos e algúns xogadores de gran nivel nacional asisten habitualmente a presenciar este torneo cada verán en Melide. A maiores o torneo de fútbol sala de verán preséntase para os veciños da vila como unha alternativa de ocio nas noites de verán.

O acceso ao pavillón polideportivo ten entrada gratuita durante todo o campionato, excepto na Final que se disputará o venres 23 de agosto, no que se fará efectiva unha entrada de 2 euros.
Os interesados en participar poden achegarse ata o 27 de xullo ás 20h ata a cafetería Marta e inscribirse, a inscrición será gratuita para todas as categorías excepto para os sénior que terán que facer unha achega de 100 euros por equipo. O sorteo realizarase o 27 de xullo ás 20.30h da tarde no edificio multiusos de Melide.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial