IV Torneo de Fútbol en Boqueixón

0

Boqueixón, 29 de xullo do 2017 – Boqueixón acolle mañá domingo, día 30 de xullo,  a 4ª edición do trofeo de fútbol entre dous destacados equipos, o R.C. Deportivo B e a  S.D. Compostela.

A cita será no campo de fútbol da Silveira (Camporrapado) a partir das sete da tarde.

O Compostela dentro da súa planificación de pretemporada vai medir a forzas frente a un Depor B que acadou na pasada tempada o ascenso a Segunda B e mostrará a calidade da súa renovada plantilla e o bo facer da súa canteira.

O Compos pola súa banda preséntase coa ilusión dos novos fichaxes e un proxecto realizado para destacar en Terceira, poñendo en liza todo o seu potencial competitivo.

A característica diferenciadora deste trofeo é sin dúbida a calidade deportiva que aporta, contando en anteriores edicións con equipos de alto nivel como o Lugo e o Celta de Vigo, feito que atrae a un gran número de seguidores ata Boqueixón para disfrutar destes encontros.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies