Éxito do IX Torneo Internacional Concello de Oroso de Tenis de Mesa

0

Oroso, 4 de setembro do 2018 – Éxito de participación no IX Trofeo Internacional Concello de Oroso de Tenis de Mesa que se celebrou a pasada fin de semana.

O Oroso TM foi o encargado de organizar esta importante cita internacional que cada agosto se celebra no pavillón municipal Juanito Amigo no que ten a a súa sede o equipo. Desde a categoría prebenxamín ata as de veteranos como +40 ou +60 todos disfrutaron de dúas xornadas dedicadas ao Tenis de Mesa.

Os máis de 500 participantes ocuparon as máis de 20 mesas colocadas e xogaron desde as nove da mañá ata as nove da noite completando 24 horas de competición ao máis alto nivel. O venres pola tarde, un día antes do comezo do Torneo, celebrouse ademais unha xornada de promoción e portas abertas na que puido participar toda a veciñanza de forma completamente gratuita.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial