займ срочно

Torneo de Outono de béisbol no concello de Teo

0

Estivo organizado polo Club de béisbol de Os Tilos e contou con equipos de Cambre e Lugo en categorías alevín e infantil

Teo, 8 de novembro do 2016 –  O pasado sábado 5 o club de béisbol Os Tilos de Teo celebrou a primeira edición do Torneo de Outono de béisbol, coa participación dos clubs convidados Cambre e Lume de Lugo que, xunto co anfitrión presentaron equipos de categoría alevín e infantil.

O evento tivo lugar nas instalacións provisionais da Cañoteira, en Cacheiras, ao longo de todo o día. Ao campo achegáronse numerosos pais das futuras estrelas do béisbol galego, gozando de deporte, música, cantina solidaria e ambiente festivo, aderezado coa calorosa acollida que adoita dispensar o Béisbol Os Tilos.

Na categoría alevín estreáronse na competición varios deportistas de cortísima idade que desempeñaron con entusiasmo o seu papel, para delicia do público en xeral e dos seus pais en particular. A clasificación quedou como segue:

Campión: Cambre

2º: Os Tilos

3º: Lume (Lugo)

Os infantís ofreceron unha final apertada e espectacular, valedoira para o calendario federativo, entre Os Tilos e Cambre. Ao final impuxéronse os primeiros por 9 carreiras a 4. Lume acusou a mocidade do seu equipo, que ,con todo, presentou boas condicións e potencial. Clasificación:

Campión: Os Tilos

2º: Cambre

3ª: Lume (Lugo)”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies