Touro acolle este fin de semana o III Rallymix do concello

0

Touro, 9 de maio do 2019 – O Concello de Touro acolle esta fin de semana o seu III Rallymix Concello de Touro que terá lugar nas pistas de terra e de asfalto da parroquia de Loxo.

O III Rallymix está organizado pola escudería Touro Motor con apoio da Federación Galega de Automobilismo,da Xunta de Galicia e do Concello, é valido e puntuable para o Campionato de Galicia Rallymix 2019, sendo a segunda proba do campionato.

A proba contará cunha parte do trazado sobre asfalto e outra parte sobre terra. O trazado no que se fará esta proba ten unha lonxitude de 12 quilómetros. A terra representará o 85% do trazado e o resto será asfalto (15%). O circuito discurrirá na parroquia de Loxo.

O sábado 11 de maio comezarán a primeira hora as verificacións administrativas e técnicas. Ás 09.30 horas está previsto o recoñecemento dos tramos polos pilotos. A primeira manga empezará ás 12.30 horas. E haberá outras dúas mangas nese día, que comezarán unha ás 15.30 horas e a última, ás 17.30 horas.

O domingo día 12 de maio contará tamén con dúas mangas. A primeira proba ese día está prevista para ás 09.00 horas; e a segunda será a partir das 11.00 horas. Xa ás 15.30 horas está prevista a entrega de trofeos.

Touro Motor, que preside José Ramón González, confía en que acuda numeroso público e afeccionados a presenciar a proba puntuable para o Campionato de Galicia Rallymix 2019.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial