Touro acolle o IX Festival galego de teatro escolar

0

Touro, 30 de marzo do 2019 –  Touro acolle este domingo o IX Festival galego de teatro escolar na aldea de Bandelos e na Casa de Cultura de Fonte Díaz.

O Festival de teatro escolar está organizado pola ANPA do CPI de Touro e conta coa colaboración do Concello de Touro, o grupo As Nenas do Sapo Dourado, Loxo; a Asociación Cultural A Pinguela de Bama e a Banda de Música Isabel II de Touro.

Participarán nesta xornada cultural máis de douscentos actores e actrices de cinco Aulas de Teatro de diferentes puntos xeográficos de Galicia (Touro, Laxe, Compostela, Palas de Rei e A Estrada). O programa deste Festival é o seguinte:

Roteiro teatral, musical e poético ás 11:00 horas na aldea de Brandelos, protagonizado polo alumnado do CPI de Touro e polos grupos As nenas do Sapo Dourado, A Pinguela de Bama e nais do alumnado. Este roteiro combinará música, teatro, poesía e xogos.

Ás 13:00 horas, na Casa de Cultura de Touro, a Aula de Teatro do CPI Fonte Díaz de Touro, O Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei, A Escola Municipal de Teatro de Laxe, A Aula de Teatro do IES Antón Losada Diéguez da Estrada, “Avelaíñas Teatro” e A Aula de Teatro do IES Antonio Fraguas Fraguas porán en escena o espectáculo Vogando nos contos, unha obra que supón unha viaxe ao universo da imaxinación, da diversión e do xogo para abrir unha fiestra á fantasía e disfrutar da maxia da creatividade que ilumina un camiño de marabillas que nos permite poñer ás e voar. Como peche a este espectáculo actuará a Banda de música Isabel II de Touro.

O Festival permite que o alumnado das cinco aulas de teatro interactúe e propicia que amose o traballo realizado durante o Curso teatral 2018/19 nas cinco localidades; ademais de integrar a persoas con diferentes capacidades, de intercambiar experiencias e traballar conxuntamente nun obxectivo común: a posta en escena dunha obra teatral. Insírese dentro dunha xira de funcións que comezou o día 8 de febreiro no Teatro Principal de Ourense e continuará en Palas de Rei, Compostela, A Estrada, Laxe, Bologna, Florencia e Pisa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial