займ срочно

Touro aproba os orzamentos e pide a recuperación do Pazo de Meirás

0

Touro, 5 de xaneiro do 2019 – O Concello de Touro aprobou os seus orzamentos para 2019, que ascenden a un total de 3,39 millóns de euros.

A aprobación dos orzamentos, que medran levemente respecto aos do ano pasado (3,37 millóns de euros) contou co apoio do PP, que ten maioría absoluta na corporación municipal. A oposición (BNG e PSdeG-PSOE) votou en contra.

O capítulo de gastos correntes de bens e servizos lévase 1,61 millóns de euros. Os gastos de persoal supoñen 936.224 euros. Os investimentos reais previstos para o Concello de Touro en 2019 superan os 743.000 euros. O total do presuposto de gastos é de 3.393.661 euros.

Pola súa banda, as transferencias correntes supoñen 1.993.620 euros no presuposto de ingresos do Concello de Touro. Os impostos directos alcanzan os 621.186 euros e os impostos indirectos, 33.000 euros. As tasas, prezos públicos e outros representarán en 2019 uns ingresos de 178.190 euros para o Concello de Touro. As transferenzas de capital sumarán 387.664 euros. E os ingresos patrimoniais supoñen 5.000 euros. O total do presuposto de ingresos de ingresos: 3.393.661 euros.

O alcalde de Touro, Ignacio Codesido, calificou de “realistas” os orzamentos para 2019 e indicou que son unhas contas que están en contacto coa realidade social que viven os veciños e veciñas de Touro. Tamén destaca a aposta por manter as partidas destinadas a servizos sociais e de atención aos veciños e veciñas. Ignacio Codesido lembra que o Concello non ten practicamente débeda.

Pazo de Meirás

Por outra banda, o Concello de Touro, nunha declaración institucional, expresa o seu apoio ás persoas que o 30 de agosto de 2017 participaron nunha acción pacífica e simbólica de ocupación de Pazo de Meirás. Tamén insta ao Goberno central a que inicie de xeito inmediato accións para a recuperación do Pazo de Meirás como ben público.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies