As restricións de auga en Touro renovan a polémica sobre a mina

0

Touro, 13 de setembro do 2019 – Os perigos da reapertura da mina de Touro volven ao primeiro plano por un bando da alcaldía na que se marcan restricións no uso da auga.

A seca que este ano se sofre obrigou ao concello de Touro a emitir un bando o pasado día 6 de setembro. A publicación informa de que o abastecemento municipal está en valores mínimos e prohibe o uso da auga para regar xardíns ou hortas, encher piscinas ou lavar coches, limitando o uso ao exclusivamente doméstico.

O bando reclama moderación do consumo e advirte da posibilidade de restricións do suministro. Non é a primeira vez xa que un bando similar era emitido o 18 de agosto do 2018, en aquela ocasión polo alcalde en funcións Jesús Martínez Pereira.

A polémica xurde a raíz de estes comunicado polo feito de que o proxecto de reapertura da mina de Touro contempla a desaparición de máis de 20 mananciais. Os informes emitidos pola Sociedade galega de Historia Natural, a petición da Consellería de Economía, destacan que ademais da desaparición de eses mananciais tamén se prevé a anulación de cinco depósitos de auga potable que abastecen a un centenar de vivendas e explotacións gandeiras e a propia rede de auga potable do municipio.  A isto hai que engadir que o proxecto presentado contempla a supresión ou desvío duns tres kilómetros de afluentes do río Ulla.

Os veciños veñen de mostrar de novo a súa preocupación. Si sen que se abrira a mina hai posibilidades de restricións de auga ninguén é capaz de dicir que sucedería nunha seca como a de este ano, ou a do 2017, sen mananciais e con menos depósitos de auga.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial