Reclaman máis medidas contra o Coronavirus en Touro

0

Touro, 7 de abril do 2020 – Marea Veciñal e BNG de Touro veñen de reclamar do concello máis medidas para combater as consecuencias da crise do Coronavirus.

O BNG reclama que se destine o máximo permitido, un vinte por cento, do superavit do 2019 a gasto social. En concreto os nacionalistas reclaman que se garanta un mínimo de ingresos as familias máis vulnerables e que se reforce a axuda a domicilio. O BNG pide ademais que se compren os equipos necesarios para os traballadores municipais e para os das empresas concesionarias.

Outra das propostas é a a exención do pagamento das  taxas municipais nas actividades municipais, de ocupación de vía pública e abastacemento e saneamento para a oslocais que tiveran que suspender a súa actividade.

A Marea propón redución de soldos

A Marea Veciñal de Touro pide unha modificación de crédito que libere 35.000 euros para comezar un plan de emerxencia social. Reclaman que o alcalde e a concelleira de educación reduzan nun 35% os seus salarios.

O plan que propón o grupo da Marea consiste na creación de bonos, de ata 200 euros por mes, para alimentación; estudar a posibilidade dunha renda básica municipal e que se remate coa fenda dixital outorgando bonos de datos e facilitando portátiles ao alumnado das familias máis vulnerables.

Por outra banda a Marea Veciñal pide que se establezan mecanismos de asesoramento para que a veciñanza poida pedir axudas a outras administracións e que se habiliten canles de distribución e promoción para o sector agrogandeiro.

Reunión dos portavoces

Outra das reclamacións de toda a oposición e a realización dunha xunta de portavoces, de xeito telemático. É unha reunión que se ven celbrando en case todos os concellos pero que en Touro, según explica o BNG, aínda non se celebrou. Consideran que na situación actual é unha canle de comunicación fundamental tanto para coñecer as medidas que se toman como para propoñer outras.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial