Piden que Touro aproveite a comida perecedoira acumulada no CPI

0

Touro, 5 de maio do 2020 – O BNG de Touro ven de propoñer que se use a comida perecedoira acumulada no CPI de Fonte Díaz.

Os nacionalistas solicitan que o concello se poña en contacto coa dirección do centro e que a comida, perecedoira o con data de caducidade anterior ao inicio do curso escolar, se doe ás familias do concello en situación de necesidade.

Os concelleiros explican que as prórrogas do estado de alarma  e as directrices tanto do Ministerio como da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional polas cales o curso escolar non se prolongará  e rematará nas datas establecidas inicialmente, determinan que non se van reabrir neste curso os comedores escolares.

vista das obras que se levan a cabo

Imaxe de arquivo de obras na fachada do CPI

Esta  situación excepcional e sobrevida, provocará que os comedores escolares se atopen con comida almacenada que xa non van poder usar. Algunha  desta comida é comida perecedoira ou con  unha data de caducidade  anterior ao inicio do seguinte curso escolar que, ou ben se usa antes desa data, ou haberá que tirar. Polo que o máis razoable é repartir esta comida entre aquelas persoas que a necesiten antes que tirala. O BNG  propón que sexan os Servizos Sociais do concello os que determinen a que familias se lle entregarían estes alimentos,  en función exclusivamente da súa situación económica.

 

Uso non partidista

O BNG tamén considera que o reparto destes alimentos, no que se deixará constancia que é  unha  doazón do CPI Fonte Díaz, será realizada  por persoal do concello, por empresas de paquetería  ou por calquera outro método que se considere oportuno, pero en ningún caso deberá ser entregada por cargos políticos municipais para  evitar “un uso  partidista desta doazón e que non se repita o sucedido co reparto de mascarillas ou de libros polo alcalde  e os/as  concelleiros/as   do P.P”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial