Denuncian que o concello de Touro canaliza o río Portapego sen permisos

0

Touro, 21 de agosto do 2018 – A Asociación Aldea Viva denuncia que o concello de Touro comezou as obras de canalización do río Portapego sen contar coa autorización de Augas de Galicia.

O expediente enviado ao departamento autonómico está na actualidade en período de información pública e con prazo aberto para a presentación de alegacións ata o día 28. Aldea Viva explica que pese a este estado do expediente o concello de Touro comezou onte luns as obras no Portapego.

As obras comezaron co tapado do leito augas arriba do tramo a canalizar para o que utilizaron material de escavación. Estas primeiras accións provocaron o rebordamento das augas polas rúas do núcleo urbano de Fonte Díaz, ao tempo que deixaron sen caudal o leito natural augas abaixo. Aldea Viva vén de poñer os feitos en coñecemento de Augas de Galicia instando a que actúe ao respecto e se repoña o caudal ao río.

Fai unha semana a asociación daba a coñecer un informe de Augas sobre obra e anunciaba a presentación de alegacións por entender que os problemas no río Portapego son causados polas actuacións nos terreos da mina. Este colectivo afirmaba que debe ser o propietario dos terreos mineiros, Explotaciones Gallegas, quen acometa na súa propiedade as actuacións necesarias para evitar a contaminación e os arrastres de materiais que entullan o Portapego ao tempo que sosteñen que as obras pretendidas polo concello non solucionarán o problema.

Para Aldea Viva é un feito gravísimo que sexa a propia administración, local neste caso, quen incumpra as autorizacións previas, e como tal considera que o alcalde Ignacio Codesido (PP), ou en quen delegara, queda deslexitimado para o desempeño das funcións do seu cargo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial