займ срочно

Touro celebra a X Feira da Castaña

0

Touro, 5 de novembro do 2018 – O Concello de Touro, como xa e costume en cada outono, celebra hoxe luns, 5 de novembro, a X Feira da Castaña-Exaltación dos Productos do Outono.

Coincidindo coa celebración da feira mensual nas rúas de Fonte Díaz, está prevista chega esta Feira da Castaña, que inclúe a degustación gratuita de produtos do outono e o magosto feito coas castañas dos castiñeiros da zona.

Pola súa banda, os establecementos de hostalería de Touro ofrecerán as elaboracións “máis saborosas da gastronomía do Concello”. A base das receitas serán as castañas, os cogomelos e o xabarín. O Concello agradece a colaboración dos membros da Sociedade de Caza de Touro e da Carnicería Pepe.

Os locais de hostalería que participan ofrecendo degustacións e colaboran ofrecendo os seus produtos son: Casa Taboada, Pazo de Andeade, Parrillada o Castro, Parrillada Remesquide, Queixería Bama e iougures GurGur. Tamén colaboran Panadería A Peneira, Panadería Andeade, Rosquillas Teresa e Rosquillas Juan.

A partir das 12.30 horas e diante da sede do Concello de Touro está previsto o magosto tradicional e tamén a degustación de postres feitos con produtos da temporada do outono. No Concello, durante a mañá, tamén se fará entrega dos premios aos gañadores do II Concurso Plástico Dona Castaña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies