Touro celebra este domingo a ‘Feira dos Emigrantes’

0

Touro, 4 de agosto do 2018 –  O Concello de Touro acolle mañá domingo a tradicional Feira dos Emigrantes na que cada verán volven a casa moitos veciños emigrados ademais de visitantes de toda a bisbarra.

As rúas de Fonte Díaz, capital de Touro, serán o escenario da cita para veciños e forasteiros. Todos os días 5 de cada mes hai feira pero a do mes de agosto cobra especial relevancia porque sirve para que os veciños que emigraron a outras zonas de España ou de Europa en busca de traballo poidan reencontrarse.

Persoas que residen durante todo o ano en Cataluña, País Vasco, Suíza ou Alemania volven este mes ao concello e a feira convértese nun lugar para o reencontro. O Concello de Touro poñerá buses a disposición dos veciños que queiran acudir á feira. Sairán dende as parroquias ás 10.00 horas e regresarán ás 16.00 horas.

A partir de las 12.00 horas está prevista a actuación da charanga ‘O Santiaguiño de Padrón’, que animará a xornada de compras nos postos, que se instalan dende primeira hora da mañá nas rúas de Fonte Díaz. Tamén estarán instaladas as polbeiras, tradicionais no día dedicado aos emigrantes. Coa celebración da Feira dos Emigrantes comeza un mes de agosto cheo de actividades no municipio xa que o próximo domingo 12 de agosto esta xa  prevista a Festa dos Maiores.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies