Unha asociación de Touro denuncia que o Centro da terceira idade e a escola infantil construíronse en terreos contaminados

0

Touro, 16 de xaneiro do 2018 –  A posibilidade de que reabra a mina de Touro reabre tamén as denuncias da Asociación Aldea Vida sobre o lugar onde se construíron o Centro da terceira idade, a escola infantil e máis recentemente o Centro de interpretación do río Ulla.

Situación das construcións ao carón dos terreos da antiga mina

Acababa de comezar o ano 2000 cando a comisión de goberno do día 19 aprobaba un trámite de excepción polo que se autorizaba a construción dunha residencia da terceira idade en solo rústico. O lugar elixido eran os antigos terreos mineiros na área de Fonte Díaz e o argumento era “pola dinámica económica que o mesmo xeraría” e tendo en conta “que o uso que se pretende dar ás instalacións é compatible coas características da contorna”.

Manuel Puga, voceiro de Aldea Viva sigue preguntándose como se pudo chegar a esta situación

Desde fai máis de dez anos, Aldea Viva vén denunciando os perniciosos efectos derivados da actividade mineira a ceo aberto na mina de cobre de Touro. No seu día dirixíronse a Augas de Galicia sen que as denuncias tiveran ningún efecto

Medición de pH no lugar

A Asociación puido verificar sobre o terreo que as augas da zona inmediata á área dotacional teñen elevados niveis de contaminación presentando características hiperácidas e hiperoxidantes e niveis de pH que están por debaixo de 3.5, o que está a permitir a mobilización á contorna de metais pesados e outros elementos que supoñen un factor de risco para a saúde pública.Esta situación é de todo incompatible coa Directiva Europea 2006/21/CE, que esixe que as autoridades garantan que as empresas explotadoras tomen tantas medidas como sexan necesarias para previr a contaminación de augas e solos, avaliando e previndo a xeración de lixiviados e recollendo e tratando as augas contaminadas, algo que en absoluto sucedeu no caso de Touro.

Manuel Puga recoñece que a estas alturas poñer solución será difícil pero son os responsables políticos os que teñen que facelo

A asociación, sen prexuízo de elevar o caso ás instancias que proceda, continuará a investigar de maneira exhaustiva o cómo puido chegarse a esta situación tan inadecuada dende calquera punto de vista, examinando a fondo os acordos municipais e todos os detalles de cómo estes terreos puideron rematar utilizándose para a instalación de infraestruturas de uso público sen as correspondentes garantías.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies