Touro acondiciona os centros sociais das parroquias

0

Touro, 7 de setembro do 2017 – O Concello de Touro está acondicionando durante os meses de bo tempo algúns dos centros sociais que están situados nas distintas parroquias.

A cuadrilla municipal contratada polo Concello de Touro dedícase á posta a punto destas instalacións para que os veciños poidan utilizalas durante o ano. A cuadrilla de traballadores do Concello de Touro traballa estes días na reparación do local social da parroquia de Ribeira, na beira do río Ulla. Alí están pintando o exterior do edificio, que anteriormente acolleu unha escola pública.

Os traballadores contratados polo Concello de Touro para estas tarefas seguirán desenvolvendo o acondicionamento destes espazos durante os próximos meses. O Concello de Touro pretende así poñer ao día unhas instalacións que son utilizadas pola veciñanza. O obxectivo do Concello é ir completando durante os próximos anos o traballo de restauración e rehabilitación dos centros sociais e edificios de uso público xa iniciado tamén en anos anteriores.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies