Touro presenta o ciclo de teatro de outono

0

Touro, 25 de setembro do 2017 – O Concello de Touro organiza un ano máis o ciclo de teatro de outono co obxectivo de incentivar entre os veciños a afección por esta arte escénica e tamén para o disfrute dos habitantes do Concello.

O ciclo de teatro de outono desenvolverase todos os domingos de outubro e o primeiro de novembro. Pola Casa de Cultura de Touro, sempre ás 18.30 horas, pasarán compañías profesionais e espectáculos de distintos estilos.

A primeira función está programada para o día 8 de novembro. A obra será Luppo, que correrá a cargo da compañía Baobab Teatro. A seguinte será o 15 de outubro: Falar sen cancelas de Culturactiva. O 22 de outubro tocaralle o turno a Rueiro das Liortas da compañía Elefante elegante. Para o 29 de outobro está prevista a presencia do Mago Xacobe con Ilusións máxicas. E o ciclo pecharase o 5 de novembro con Martes, da compañía Baobab Teatro. Touro conta cunha longa tradición teatral. En 2016 acolleu unha Mostra de Teatro Escolar e conta ademáis cunha Aula de Teatro no CPI Fonte Díaz de Touro, onde os nenos e nenas viven dende pequenos a experiencia do teatro.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies