займ срочно

A Mina de Touro chega ao Parlamento Europeo por terceira vez en 2 anos

0

Touro, 12 de novembro do 2019 – Tres representantes do colectivo ContraMinacción defenderán ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo as reclamacións dos veciños sobre o proxecto mineiro de Touro.

Por terceira vez en dous anos o Parlamento Europeo escoitará as queixas polo proxecto de minería a ceo aberto da empresa Cobre San Rafael. A falta de transparencia de todo o proceso por, parte da Xunta de Galicia, e a restauración non realizada na antiga explotación, que afecta a calidade das augas, son outros dos temas que se plantexarán en Bruxelas.

Touro Parlamento EuropeoPara a admisión a trámite das tres peticións, a comisión do Parlamento Europeo tivo en conta, entre outras cuestións, que a Directiva sobre residuos da minería, de marzo do 2006, establece a obriga de que as autoridades competentes garantan que os residuos de extracción se xestionen dun xeito que non supoña perigo para a saúde das persoas e sen utilizar procesos ou métodos que poidan danar o medio ambiente e, en particular, supoñer riscos para a auga, o aire, o chan, a fauna ou a flora, sen causar molestias debidas ao ruído ou os malos cheiros e sen afectar negativamente a paisaxe nin a lugares que presenten un interese especial.

Doutra banda, tamén fai referencia a Comisión de Peticións á Directiva marco sobre a auga, que data de outubro do 2000,  que esixe que as autoridades competentes, no contexto do plan hidrolóxico de conca pertinente, determinen as repercusións da actividade humana no estado das augas superficiais e das augas subterráneas, e adopten as medidas necesarias para acadar os obxectivos ambientais para todas as masas de auga.

Touro Parlamento EuropeoA situación actual da mina de Touro, con constantes episodios de contaminación de augas e de ausencia de restauración ambiental do espazo degradado pola actividade dos anos 80, evidencia unha clara vulneración de estas directivas e da de abril do 2004  sobre responsabilidade ambiental en relación coa prevención e reparación de danos ambientais.

Desde a Plataforma Mina Touro O Pino NON explican que “Se nin en máis de dous anos de tramitación do novo proxecto extractivo, nin en máis de trinta desde o cesamento na actividade mineira, as autoridades galegas e españolas non souberon ou non quixeron poñerlle remedio a unha situación xa insustentable de grave dano ao medio ambiente, terá que ser a Unión Europea quen tome cartas no asunto”. Por este motivo, as persoas encargadas de defender as peticións, insistirán en que estas permanezan abertas e que “dado que estamos ante un caso sistémico, igual que o das minas de San Finx en Lousame ou moitas outras ao longo da nosa xeografía, o Parlamento Europeo envíe unha Fact Finding Visit, ou visita de investigación a Galicia, para poder inspeccionar in situ a situación de deixamento na que a nosa Administración tennos sumidos”.

Peticións repetidas

A casuística da mina de Touro, así como a situación xeral da minería en Galicia, xa ten sido abordada con anterioridade nas institucións europeas, non só a través de peticións, senón tamén a través da Comisión ou mediante preguntas no pleno do Parlamento. Nesta ocasión, as peticións chegan da man da iniciativa do grupo dos Verdes – Alianza Libre Europea, a través de Ana Miranda, que ademais facilitou a participación dun grupo máis amplo e a celebración dun encontro de análise e debate cos grupos políticos e os colectivos veciñais.

A intervención dos peticionarios, que representarán ás asociacións Petón do Lobo (Petición n.º 0174/2018), Cova Crea (Petición n.º 1194/2017) e Mina Touro – O Pino NON (Petición n.º 0386/2018), está programada para as 14:30 horas de hoxe martes e pode seguirse en directo a través da seguinte ligazón:

https://www.europarl.europa.eu/ep-live/en/committees/video?event=20191112-1430-COMMITTEE-PETI

As tres peticións permanecen abertas a adhesións.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies