займ срочно

Críticas a unha xornada en Touro sobre a ruta dos Holandeses

0

Touro, 18 de novembro do 2019 – A Marea Veciñal de Touro ven de emitir un comunicado criticando unha xornada celebrada o pasado venres sobre a ruta chamada dos Holandeses.

Este Camiño dos Holandeses é unha variante ciclista do Camiño Francés e nos últimos quilómetros antes da chegada a Compostela discorre polo Concello de Touro. Baséase no Camiño Xacobeo e nos lugares declarados Patrimonio da Humanidade, unindo Trondhein (Noruega) con Santiago de Compostela.

A Marea Veciñal denuncia a incoherencia do concello ao promocionar esta ruta cunha xornada ao mesmo tempo que informa que non presentará alegacións ós derradeiros informes da empresa mineira. Este apoio implícito ao proxecto afectaría gravemente a este trazado, chegando incluso a desaparecer ó incumprir os estándares de calidade da marca europea.

O principal grupo da oposición tamén denuncia a xornada en si mesmo. Lembra que hai meses que a Marea Veciñal xa organizara xornadas de carácter similar que contaran coa presenza da representante nacional de EuroVelo en España e que, sen embargo, non acudiu a este encontro.

Tamén critican o “descoñecemento absoluto da ruta por parte da concelleira de Cultura Adela Iglesias, que mesmo chegou a nomear a organismos que nada teñen que ver coa ruta dos peregrinos en bicicleta”. Denuncian as formas do evento, xa que aseguran que “se asemellaba máis a unha papatoria electoral (contaron con servizo de cátering) que a unha charla de carácter técnico”

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies