Reclaman seguridade para a ponte da Besaña en Touro

0

Touro, 10 de febreiro do 2020 – A Marea Veciñal de Touro ven de denunciar que a Ponte da Besaña continúe sen valado de protección meses despois de precipitarse unha ambulancia ao río.

O grupo lembra que fai varios meses que unha ambulancia que desprazaba doentes para diálises caeu ao río Brandelos pola falla de valado de protección na ponte da Beseña. No accidente resultaron feridas cinco persoas.

Ponte da Besaña en TouroTrátase dunha estrada de titularidade municipal na que hai poucas semanas outro vehículo precipitouse ao río no mesmo punto. A Marea Veciñal de Touro denuncia que, con todo, aínda non se instalara un valado de protección “como se o rexedor Ignacio Codesido estivera esperando a que suceda unha desgraza para facer algo”.

Non é o único punto no que piden arranxos xa que reclaman tamén que o Concello coloque unha varanda de protección na Ponte do Canal sobre o río Baltar en Foxás de Baixo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial