Denuncian que o alcalde de Touro fai inauguracións durante o confinamento

0

Touro, 4 de maio do 2020 – A Marea Veciñal de Touro denuncia que o alcalde, Ignacio Codesido, saltouse o confinamento para inaugurar obras dunha concentración parcelaria.

A parcelaria de Foxas Bendaña comezou hai máis de 25 anos. O alcalde de Touro visitou os traballos acompañado de membros da Xunta de Galicia e dun veciño como se pode observar na web municipal.

A Marea Veciñal denuncia que todos incumpriron o Decreto Vixente e din estar “perplexos ante este tipo de comportamentos. É intolerable que mentres a poboación está confinada nos seus domicilios, o alcalde ande paseando cos seus amigos polas parroquias saltándose a lei”.

Denuncian que o alcalde de Touro fai inauguracións durante o confinamentoO principal partido da oposición tamén denuncia que o rexedor local ten “secuestrado o concello” xa que dende fai máis de dous meses non respondeu ás múltiples propostas que fixo o colectivo veciñal para aprobar propostas que acaben coa fenda dixital ou situacións de vulnerabilidade derivadas da crise sanitaria e económica que está a provocar o Coronavirus, deixando abandonada a boa parte da veciñanza.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial