A Deputación destina máis de 400.000 euros ás estradas de Touro

0

Touro, 23 de xuño do 2020 – A Deputación da Coruña destina 439.153 euros á mellora de diversos camiños e estradas municipais no termo municipal de Touro

 

Os arranxos en Touro divídense en sete proxectos que veñen de saír a licitación pública na Plataforma de Contratación do Estado. Estas obras serán financiadas integramente con cargo aos fondos adicionais do Plan Único (POS+2019). As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas até o vindeiro 14 de xullo.

A Deputación destina máis de 400.000 euros ás estradas de TouroOs traballos permitirán renovar os seguintes camiños e estradas rurais de titularidade municipal: Viario de Subres a Mane, estrada de Sartés a Monte (Calvos de Socamiño), viario de Marzá á DP 0605, estradas en Eirexe (Foxás), camiños de Sangudeño á Igrexa de Santiago de Prevediños e de Sangudeño á AC-240, viario de Loxo a Arinteiro, de Tribas a Arinteiro e Xesteira Vella, mellora de camiños en Vilar e acceso a Peixón, camiños de Loureiros, melloras do firme de Oca de Abaixo, renovación do campo da festa de Beseño e a pista do Forte, camiño e de Circes e Carballiño , entre outros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial