Touro instala un desfibrilador no campo de fútbol de Loxo

0

Touro, 27 de febreiro do 2018 – O Concello de Touro ven de instalar un desfibrilador nas instalacións municipais do Campo de Fútbol de Loxo.

 A concelleira de Deportes, Adela Iglesias, entregou este fin de semana o desfibrilador ao técnico de Deportes do concello, José Ramón Puga García. As instalacións deportivas municipais de Loxo son utilizadas ao longo da temporada por nove equipos da SD Touro de diferentes categorías e tamén acoden moitos afeccionados a presenciar os partidos.

É o primeiro desfibrilador que se instala no Concello e foi financiado pola administración local. A concelleira de Deportes destacou que se elixiron estas instalacións por ser un lugar estratéxico que concentra numeroso público ao longo do ano e que o aparato estará a disposición de calquera persoa que o poida precisar. “O desfibrilador pode ser fundamental para salvar a vida dunha persoa que sufre un ataque cardíaco e mentres non chega a asistencia sanitaria en caso de urxencia”, apuntou a concelleira, quen destaca que o aparato está situado en lugar visible e preferente.

O Concello de Touro organizou cursos nos últimos meses para que os veciños e veciñas puideran coñecer o correcto manexo do equipo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial